Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2024

Parque Acuático de Cerceda

Imaxe
 O luns 10 de xuño acudimos ao parque acuático de Cerceda, alí os nenos e nenas de 5º e 6º pasamos unha xornada moi saudable e divertida, de xogos deporte, sol e auga.

Proxecto Amare Muros

Imaxe
 Este curso escolar o proxecto de centro foi o traballo dos ODS "Amare Muros", a cada curso correspondéronlle diferentes ODS, concretamente 1º e 2º de primaria traballaron a saúde e os deportes, así que levaron a cabo moitos traballos e pequenos proxectos para mellorar os hábitos saudables do centro. O xoves 20 de xuño cada curso expuxo os seus traballos nunha feria organizada polo centro onde viñeron as familias.  

Semana da Educación Vial

Imaxe
 A semana do 10 ao 14 de xuño celebramos a semana da educación Vial. Nesta semana cada neno e nena trouxo a súa bicicleta ao centro, aquí lle facilitamos que a puidera deixar toda a semana. Fixeron habilidades na bicicleta durante as sesións de educación Física e a maiores nas áreas dalgúns especialistas. Finalizamos o venres cunha saída polos alrededores do centro para os cursos de 3º a 6º aínda que a tivemos que acortar pormor do mal tempo. Para os máis pequenos habilitamos un circuito no patio exterior. Temos que destacar que ese luns un familiar quedou no paseo de Muros e viñeros xuntos polo paseo 30 alumnos/as en bicicleta, con esta iniciativa fomentamos os camiños escolares seguros .

Carreira Solidaria

Imaxe
 O venres 7 de xuño, celebramos unha carreira solidaria, participou toda a comunidade educativa: alumnado, profesorado e familias. Os corredores e corredoras podían donar 1€ para o proxecto da ANPA do noso centro de naturalizalo  patio. Unha mostra máis das oportunidades que ofrece o nos centro para levar unha vida saudable nun Concello como Muros con tanta afición polas carreiras populares.

Día das Letras Galegas

Imaxe
 Celebramos o  Día das Letras Galegas bailando a Muñeira, na área de Educación Física levamos a cabo unha unidade didáctica de baile tradicional en todos os cursos, o noso producto final era bailar unha muñeira todos xuntos para celebrar a conmemoración do Día das letras galegas. Cada grupo de alumnos/as tiña que ensinar a coreografía aos seus titores/as, así practicaron a Muñeira na titoría nos descansos activos e nos recreos activos dos martes e xoves. O día 16 de maio bailamos todos xuntos unha muñeira con música en directo gracias ao profesorado de Música. https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/s/nkRy9AdYHMTC9qj

Proxecto Deportes

Imaxe
 Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria realizaron unha investigación sobre os hábitos de vida saudable do alumnado do centro, elaboraron unha enquisa para averiguar que deporte extraescolar realizaba cada alumno/a. Cos resultados elaboraron unhas gráficas e uns murais coas súas fotos facendo deporte.

Concurso de Dorsais

Imaxe
 Os alumnos de 1º e 2º fixeron un concurso de dorsais para a carreira solidaria que se vai celebrar o 7 de xuño. Participou todo o alumnado cun debuxo, o debuxo gañador foi o dorsal que se imprimiu para que cada corredor e corredora colocase ao peito. Este foi o dorsal gañador!

Recreos Activos

Imaxe
No terceiro trimestre organizamos os martes e xoves recreos activos de Muñeira, así o alumnado á vez que realizaba actividade física a través do baile, tamén repasaba a Muñeira que elaboramos desde Normalización Linguística para conmemorar o Día das Letras Galegas. https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/s/F2yHQ2pFByjKpi7

2ª Xornada de Campo a Través

Imaxe
 O xoves 1 de febreiro acudiron os clasificados a segunda carreira de campo a través, nesta ocasión unha veintena de alumnos e alumnas correron en Porto do Son, no circuito Virxe de Loreto.

Convivencia coas Familias

Imaxe
 A última semana de xaneiro celebramos a semana da convivencia con diferentes actividades, entre elas unha xornada coas familias, os alumnos de 5º e 6º organizaron unhas Olimpiadas para os seus familares. Os famliares animáronse a participar e así compartimos un día de actividade física en familia, demostrando que o alumnado pode ser axente de cambio nos hábitos de vida saudable na súa contorna.

Potabilizadora de Mazaricos

Imaxe
 Os nenos e nenas de 4º de primaria visitaron a potabilizadora de Mazaricos, aproveitaron despois para facer unha andaina pola zona e visitar a fervenza de Mazaricos.