O mércores 13 de novembro foi a data elixida para celebrar a primeira proba de campo a través, en Noia, deste curso escolar. Con moi boa meteoriloxía e unha amplísima participacion déronse as condicións idóneas para unha excelente xoranda de campo a través, organizada pola asociación deportiva AS RIAS. O noso centro acudeu cun total de 50 atletas, desta volta eran os cursos de 2º e 3º de Educacion Primaria os seleccionados para participar: Todos/as eles disfrutaron e viñeron satisfeitos e contentos da experiencia. Nestes enlaces podes ver un resmo de fotos do evento e tamén os resultados FOTOS RESULTADOS