Publicacións

XOGOS DO MAGOSTO

Imaxe
 Despois de asar as castañas e comelas. no propio centro; o alumnado ao completo foise distrubíndo no espazo asignado para rematar a xornada de OUTONO E CASTAÑAS, facendo xogos arredor deste produto tan noso. Mostra de fotos e xogos FOTOS

PRIMEIRA PROBA DE CAMPO A TRAVÉS 2024/25

Imaxe
O mércores 13 de novembro foi a data elixida para celebrar a primeira proba de campo a través,  en Noia,  deste curso escolar. Con moi boa meteoriloxía e unha amplísima participacion déronse as condicións idóneas para unha excelente xoranda de campo  a través, organizada pola asociación deportiva AS RIAS. O noso centro acudeu cun total de 50 atletas, desta volta eran os cursos de 2º e 3º de Educacion Primaria os seleccionados para participar: Todos/as eles disfrutaron e viñeron satisfeitos e contentos da experiencia. Nestes enlaces podes ver un resmo de fotos do evento e tamén os resultados FOTOS RESULTADOS

Parque Acuático de Cerceda

Imaxe
 O luns 10 de xuño acudimos ao parque acuático de Cerceda, alí os nenos e nenas de 5º e 6º pasamos unha xornada moi saudable e divertida, de xogos deporte, sol e auga.

Proxecto Amare Muros

Imaxe
 Este curso escolar o proxecto de centro foi o traballo dos ODS "Amare Muros", a cada curso correspondéronlle diferentes ODS, concretamente 1º e 2º de primaria traballaron a saúde e os deportes, así que levaron a cabo moitos traballos e pequenos proxectos para mellorar os hábitos saudables do centro. O xoves 20 de xuño cada curso expuxo os seus traballos nunha feria organizada polo centro onde viñeron as familias.  

Semana da Educación Vial

Imaxe
 A semana do 10 ao 14 de xuño celebramos a semana da educación Vial. Nesta semana cada neno e nena trouxo a súa bicicleta ao centro, aquí lle facilitamos que a puidera deixar toda a semana. Fixeron habilidades na bicicleta durante as sesións de educación Física e a maiores nas áreas dalgúns especialistas. Finalizamos o venres cunha saída polos alrededores do centro para os cursos de 3º a 6º aínda que a tivemos que acortar pormor do mal tempo. Para os máis pequenos habilitamos un circuito no patio exterior. Temos que destacar que ese luns un familiar quedou no paseo de Muros e viñeros xuntos polo paseo 30 alumnos/as en bicicleta, con esta iniciativa fomentamos os camiños escolares seguros .

Carreira Solidaria

Imaxe
 O venres 7 de xuño, celebramos unha carreira solidaria, participou toda a comunidade educativa: alumnado, profesorado e familias. Os corredores e corredoras podían donar 1€ para o proxecto da ANPA do noso centro de naturalizalo  patio. Unha mostra máis das oportunidades que ofrece o nos centro para levar unha vida saudable nun Concello como Muros con tanta afición polas carreiras populares.

Día das Letras Galegas

Imaxe
 Celebramos o  Día das Letras Galegas bailando a Muñeira, na área de Educación Física levamos a cabo unha unidade didáctica de baile tradicional en todos os cursos, o noso producto final era bailar unha muñeira todos xuntos para celebrar a conmemoración do Día das letras galegas. Cada grupo de alumnos/as tiña que ensinar a coreografía aos seus titores/as, así practicaron a Muñeira na titoría nos descansos activos e nos recreos activos dos martes e xoves. O día 16 de maio bailamos todos xuntos unha muñeira con música en directo gracias ao profesorado de Música. https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/s/nkRy9AdYHMTC9qj