Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2023

Polo San Martiño peóns ao Camiño!

Imaxe
 Como cada ano fomentamos o uso do trompo nas datas cercanas ao magosto, os nenos e nenas traen os trompos e os bailan tanto nos recreos como na área de Educación Física, para mellorar a técnica tivemos aos mellores exopertos en péons: moitos familiares dos alumnos e alumnas acercáronse o día do Magosto a darlle unhas clases de trompo, un proxecto interxeracional moi interesante e que seguro repetiremos! https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/s/X4xpk6Aa9Ctbqaa

Magosto

Imaxe
Un dos obxectivos do noso proxecto de vida activa e deportiva é que todas as conmemoracións teñan unha parte de actividade física. Neste caso celebramos o Magosto a través de xogos con castañas para todos o centro. O noso alumnado de 6º de primaria converteuse por un día en monitores deportivos e guiaron ao resto de escolares do centro nos diferentes xogos. Tamén houbo tempo para comer castañas! https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/s/X4xpk6Aa9Ctbqaa

Alimentación saudable

Imaxe
Os nenos e nas de 6º A e 6º B xuntámonos os martes para traballar xuntos e xuntas os contidos da área de Ciencias Naturais. Queremos levar a cabo unha metodoloxía activa para que aprendan os contidos de maneira práctica e divertida, así ademai s de chegar mellor aos contidos e aprendelos de maneira significativa, aproveitamos para que melloren a súa saúde. Nesta sesión repasamos a clasificación de alimentos a través de xogos de relevos, traballamos tamén o semáforo de alimentos , o plato de Harvard e a lectura de etiquetas.

Plan de actividades físicas e hábitos saudables

Imaxe
  Publicamos na web do cole o Plan de actividades físicas e hábitos saudables segundo a normativa    DECRETO 155/2022, de 15 de setembro no que se establece no punto  1_  Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional un plan de actividades físicas e hábitos saudables coa finalidade da práctica diaria de deporte e exercicio físico durante a xornada escolar e da promoción dunha vida activa, saudable e autónoma por parte das alumnas e dos alumnos, e que se concretará anualmente na programación xeral anuala través das correspondentes actuacións. PLAN ACTIVIDADES FÍSICAS E HÁBITOS SAUDABLES DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Este no artigo de Promoción de estilos de vida saudables nanifesta: 1. Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional un plan de actividades físicas e hábitos saudable...