Plan de actividades físicas e hábitos saudables



 Publicamos na web do cole o Plan de actividades físicas e hábitos saudables segundo a normativa  DECRETO 155/2022, de 15 de setembro no que se establece no punto 

1_ Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional un plan de actividades físicas e hábitos saudables coa finalidade da práctica diaria de deporte e exercicio físico durante a xornada escolar e da promoción dunha vida activa, saudable e autónoma por parte das alumnas e dos alumnos, e que se concretará anualmente na programación xeral anuala través das correspondentes actuacións.


PLAN ACTIVIDADES FÍSICAS E HÁBITOS SAUDABLES

DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen aordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Este noartigo de Promoción de estilos de vida saudables nanifesta:1. Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional un plan de actividades físicas e hábitos saudables coa finalidade da práctica diaria de deporte e exercicio físico durante a xornada escolar e da promoción dunha vida activa, saudable e autónoma por parte das alumnas e dos alumnos, e que se concretará anualmente na programación xeral anuala través das correspondentes actuacións.2. O deseño, a coordinación e a supervisión das medidas que se adopten serán asumidas polo profesorado coa cualificación ou especialización adecuada, e de acordo cos recursos dispoñibles.Disposición adicional primeira. Adaptación de referencias1. As referencias realizadas pola normativa vixente ás áreas e disciplinas de educación primaria entenderanse realizadas ás áreas correspondentes recollidas neste decreto.2. As referencias contidas no número 3 do artigo 6 do Decreto 79/2010, do 20 de maio, relativas a Coñecemento do Medio Natural, Social e Cultural enténdense feitas ás Ciencias da Natureza eás Ciencias Sociais, para os efectos da súa impartición en lingua galega.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

CARREIRA ESCOLAR: APOIO A MÉDICOS SEN FRONTEIRAS

Semana da Educación Vial