Coñece o meu club!
Os nenos e nenas de 3ºA e 3º B visitaron o Club de Remo de Muros, alí os monitores do club informáronlles da súa oferta deportiva, os grupos e os horarios de adestramento.
Tamén por suposto unha charla sobre o Remo , tanto teórica como práctica, coñeceronm as instalacións e tiveron tempo para practicar no ximnasio, no remoergómetro e na piscina.
Esperamos que moitos se animen a practicar remo, un deporte con tanta tradición en Muros.
Comentarios
Publicar un comentario