Xogade: 1ª xornada de Campo a través
O 2 de decembro participamos na 1ª xornada de campo a través en Noia, unha mañá deportiva moi saudable, de convivencia con outros centros da comarca, donde os nenos e nenas de 2º a 5º de primaria demostraron que con esforzo todo se consegue.
Moitos levaron medalla por quedar entre os dez primeiros da súa categoría, pero moitos máis quedaron con ganas de repetir.
Xornada de atletismo moi ben organizada na pista de Noia, así que felicidades á organización e por suposto a todo o alumnado que chegou a meta.
https://drive.google.com/file/d/1icYXRiLY-mKMD9-cfMSiCWKzvPnWYPEk/view?usp=drive_link

Comentarios
Publicar un comentario