Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2024

Roteiro de Educación Infantil

Imaxe
 Os nenos e nenas de Educación Infantil fixeron un roteiro no mes de outubro pola entorna do centro, camiñaron cara unha granxa de avestruces, alí coñeceron cousas moi interesantes destes animais.

25 N

Imaxe
 O 25 de Novembro celebramos o Día Internacional contra a violencia de xénero cunha andaina polos arredores do centro, os nenos e nenas levaron diferentes pancartas e carteis con mensaxes de paz, igualdade e diálogo.

ANDAINA AO PETROGLIFOS DE LOURO DE 3º, 4º. 5º e 6º.

Imaxe
 Os alumnos e alumnas de 3º e 4º fixeron unha andaina dende o centro ata os Petroglifos de Louro, unha camiñata de dúas horas polos camiños da vila.  Alí nos explicaron a historia dos grabados nas pedras, teñen un orixe precéltico e son moi abundantes no concello de Muros, xa que existen arredor de 100. Despois chegamos á praia de san Francisco en Louro, alí merendamos e fixemos xogos de area. 

SAÍDA DE 4º DE EP AO CASCO VELLO DE MUROS

Imaxe
 Os alumnos e alumnas de 4º fixeron unha camiñata ata o casco vello de Muros, por alí coñeceron diferentes edificios antigos e comercios de Muros como a lonxa e o mercado.

Excursión a Manzaneda

Imaxe
 Os alumnos e alumnas de 6º foron de excursión de fin de curso á estación de esquí de Manzaneda, alí ademáis de esquiar realizaron diferentes actividades como natación, tiro con arco, iniciación ao esquí, sendeirismo pola montaña e baixada con palas, música e baile e ximcana de pistas con outros centros.

MARCHA POLA IGUALDADE

Imaxe
 Celebramos o 8 de marzo: Día da muller traballadora cunha Andaina de todo o alumnado desde o centro ata o Concello de Muros, xunto con outros centros do Concello.

XORNADA DE CONVIVENCIA

Imaxe
  O   Venres 2 de xaneiro celebramos unha Xornada de convivencia os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación primaria, xuntos con nenos dos memos cursos doutros centros do Concello, concretamente o CEIP de Louro e Esteiro. Utilizamos diferentes deportes para esta xornada, xa que a actividade física nos axuda a mellorar as nosas relacións sociais. Fixemos estacións con diferentes deportes para que o alumnado fose rotando, en cada grupo os nenos e nenas estaban mezclados por cursos e centros. Xogamos a Dutchball, Cadea, Zancos e Thoukball.

DAFIS

Imaxe
  DAFIS é unha Plataforma de valoración física para a saúde. Valoramos a condición física para a saúde do alumnado a través das probas e dos test propostos e entregámoslles un informe ás familias dos resultados dos test para a súa valoración.

Xogos da Antiga Grecia

Imaxe
Na Antiga Grecia se paraban as guerras e se facía unha tregua de Paz para celebrar as Olimpiadas. O   30 de xaneiro de 2024: Día Escolar da Non Violencia e a Paz organizamos unhas Antigas Olimpiadas Gregas, os nenos e nenas de 1º de Primaria dentro do seu proxecto dos ODS: Deportes, encargáronse de ser os Helanódicas. Unha figura da Antiga Grecia que se encargaba en cada Olimpiada de facer de Xuices e organizadores de cada proba. Nas primeiras Olimpiadas os atletas competían en Pentatlón, cinco probas: lanzamento de xabalina e disco, loita , velocidade e salto de lonxitude. Así que creamos cinco estacións e os diferentes cursos ían pasando por cada estación para facer os diferentes deportes coa axuda dos nenos e nenas de 1º de EP.

Máis e mellor Actividade Física: Os sentidos: Goalball

Imaxe
 Hoxe traballamos a Función de Relación en 6º a través de xogos e deportes relacionados cos órganos dos sentidos, valorando a importnacia dos deportes adaptados para persoas con discapacidade visual ou auditiva como o Goalball. Aproveitamos para coñecer o deporte alternativo Goalball xa que imos tamén a practicalo o 3 de decembro, día internacional das persoas con Discapacidade.

3ª Xornada Campo a Través

Imaxe
 O 27 de febreiro participamos na 3ª xornada de campo a través en Noia, un total de 10 alumnos foron os clasificados, unha mañá moi divertida onde loitaron e se esforzaron para conseguir chegar á última xornada. Todos o fixeron xenial, conseguindo así clasificar a tres alumnos/as.