ANDAINA AO PETROGLIFOS DE LOURO DE 3º, 4º. 5º e 6º.
Os alumnos e alumnas de 3º e 4º fixeron unha andaina dende o centro ata os Petroglifos de Louro, unha camiñata de dúas horas polos camiños da vila.
Alí nos explicaron a historia dos grabados nas pedras, teñen un orixe precéltico e son moi abundantes no concello de Muros, xa que existen arredor de 100.
Despois chegamos á praia de san Francisco en Louro, alí merendamos e fixemos xogos de area.


Comentarios
Publicar un comentario