Publicacións populares deste blog
CARREIRA ESCOLAR: APOIO A MÉDICOS SEN FRONTEIRAS
O día 16 de xuño tocou facer a carreira polo noso cole, onde participa todo alumnado, desde Infantil a Primaria. Hai varios circuitos arredor dos patios, todos eles balizados e adaptados as idades dos participantes. As familias tamén estiveron convidadas a participar e correron nos cursos onde teñen os seus titorandos/as.
Semana da Educación Vial
A semana do 10 ao 14 de xuño celebramos a semana da educación Vial. Nesta semana cada neno e nena trouxo a súa bicicleta ao centro, aquí lle facilitamos que a puidera deixar toda a semana. Fixeron habilidades na bicicleta durante as sesións de educación Física e a maiores nas áreas dalgúns especialistas. Finalizamos o venres cunha saída polos alrededores do centro para os cursos de 3º a 6º aínda que a tivemos que acortar pormor do mal tempo. Para os máis pequenos habilitamos un circuito no patio exterior. Temos que destacar que ese luns un familiar quedou no paseo de Muros e viñeros xuntos polo paseo 30 alumnos/as en bicicleta, con esta iniciativa fomentamos os camiños escolares seguros .
Comentarios
Publicar un comentario