Publicacións

Roteiro de Educación Infantil

Imaxe
 Os nenos e nenas de Educación Infantil fixeron un roteiro no mes de outubro pola entorna do centro, camiñaron cara unha granxa de avestruces, alí coñeceron cousas moi interesantes destes animais.

25 N

Imaxe
 O 25 de Novembro celebramos o Día Internacional contra a violencia de xénero cunha andaina polos arredores do centro, os nenos e nenas levaron diferentes pancartas e carteis con mensaxes de paz, igualdade e diálogo.

ANDAINA AO PETROGLIFOS DE LOURO DE 3º, 4º. 5º e 6º.

Imaxe
 Os alumnos e alumnas de 3º e 4º fixeron unha andaina dende o centro ata os Petroglifos de Louro, unha camiñata de dúas horas polos camiños da vila.  Alí nos explicaron a historia dos grabados nas pedras, teñen un orixe precéltico e son moi abundantes no concello de Muros, xa que existen arredor de 100. Despois chegamos á praia de san Francisco en Louro, alí merendamos e fixemos xogos de area. 

SAÍDA DE 4º DE EP AO CASCO VELLO DE MUROS

Imaxe
 Os alumnos e alumnas de 4º fixeron unha camiñata ata o casco vello de Muros, por alí coñeceron diferentes edificios antigos e comercios de Muros como a lonxa e o mercado.

Excursión a Manzaneda

Imaxe
 Os alumnos e alumnas de 6º foron de excursión de fin de curso á estación de esquí de Manzaneda, alí ademáis de esquiar realizaron diferentes actividades como natación, tiro con arco, iniciación ao esquí, sendeirismo pola montaña e baixada con palas, música e baile e ximcana de pistas con outros centros.

MARCHA POLA IGUALDADE

Imaxe
 Celebramos o 8 de marzo: Día da muller traballadora cunha Andaina de todo o alumnado desde o centro ata o Concello de Muros, xunto con outros centros do Concello.

XORNADA DE CONVIVENCIA

Imaxe
  O   Venres 2 de xaneiro celebramos unha Xornada de convivencia os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación primaria, xuntos con nenos dos memos cursos doutros centros do Concello, concretamente o CEIP de Louro e Esteiro. Utilizamos diferentes deportes para esta xornada, xa que a actividade física nos axuda a mellorar as nosas relacións sociais. Fixemos estacións con diferentes deportes para que o alumnado fose rotando, en cada grupo os nenos e nenas estaban mezclados por cursos e centros. Xogamos a Dutchball, Cadea, Zancos e Thoukball.