Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2023

Xogade: 1ª xornada de Campo a través

Imaxe
 O 2 de decembro participamos na 1ª xornada de campo a través en Noia, unha mañá deportiva moi saudable, de convivencia con outros centros da comarca, donde os nenos e nenas de 2º a 5º de primaria demostraron que con esforzo todo se consegue. Moitos levaron medalla por quedar entre os dez primeiros da súa categoría, pero moitos máis quedaron con ganas de repetir. Xornada de atletismo moi ben organizada na pista de Noia, así que felicidades á organización e por suposto a todo o alumnado que chegou a meta. https://drive.google.com/file/d/1icYXRiLY-mKMD9-cfMSiCWKzvPnWYPEk/view?usp=drive_link

Bo nadal

Imaxe
 Nstas datas facemos actividades relacionadas coas festas de Nadal, en Educación Física tamén o queremos celebrar dunha forma práctica e divertida, aquí mostramos algunhas imaxes.

Coñece o meu club!

Imaxe
 Os nenos e nenas de 3ºA e 3º B visitaron o Club de Remo de Muros, alí os monitores do club informáronlles da súa oferta deportiva, os grupos e os horarios de adestramento. Tamén por suposto unha charla sobre o Remo , tanto teórica como práctica, coñeceronm as instalacións e tiveron tempo para practicar no ximnasio, no remoergómetro e na piscina. Esperamos que moitos se animen a practicar remo, un deporte con tanta tradición en Muros.

Matemáticas divertidas!

Imaxe
Dentro do programa "Máis e Mellor actividade Física" traballamos de maneira activa os contidos doutras áreas, neste caso as formas xeométricas nas clases de 1º A e 1º B. Aprenderon as distintas formas xeométricas a través do seu corpo e en equipos cooperativos, razoamento matemático gracias ao movemento.